PRATOS CON MEMORIA

…unha oferta única para descubrir a historia da gastronomía galega

¿Imaxinas que nun restaurante podes saborear dous mil anos de receitas? O Fórum Gastronómico e a exposición Ao pé do lar ofrécenche un programa moi especial. Sete restaurantes da cidade, con diferentes estilos e ambientes, e sempre co seu toque persoal, vanche facer percorrer deliciosos sabores esquencidos ou case desaparecidos. Sabores cheos de Historia que recuperamos para todos os amantes da gastronomía galega.

A partir do traballo desempeñado polas cociñeiras Erundina Vázquez (Restaurante Ateneo de Piñor) e Inés Abril (Restaurante Maruja Limón, Vigo), baixo a coordinación do xornalista Miguel Vila, Ao pé do lar recuperou seis receitas emblemáticas da nosa gastronomía dos últimos dous mil anos de Historia de Galicia e púxoas a disposición dos restauradores colaboradores. Do 5 de febreiro ao 7 de marzo, explora a historia da gastronomía galega en Compostela.

As receitas e os restaurantes nos que degustalas

PAPAS PEGAS

papas_pegas

Os cereais foron moito tempo base da alimentación humana e estaban presentes na dieta dos habitantes da Galicia prerromana, quen consumían as mesmas verduras que, polo que se ve, debemos levar gravadas nalgún xene os galegos e galegas: nabizas, grelos, repolos, verzas… Cocer era o máis sinxelo para cociñar tanto os cereais como as verduras. E por que non xuntos?

Abastos 2.0. Pza de Abastos-Casetas 13-18. T: 981 576 145 ; abastosdouspuntocero@gmail.com
Acio. Galeras, 28. T: 981577003; acio@acio.es
Calderón. Carreira Do Conde, 8. T: 981 554 356 ; siro@calderoncatering.com
El Mercadito. Galeras, 18.T: 981574239; elmercadito@gmail.com
Garum. Praciña das Penas 1. T: 981062631; info@bar-garum.es
Restaurante De Profundis – Hotel Monumento San Francisco. Campiño de San Francisco, 3. T: 981 581 634; hotel@sanfranciscohm.com
.

COSTRADA

costrada

Hai na casa de que ten, conta o dito popular. Arredor da fortaleza ou mosteiro sempre hai abondo do que tirar para compor un timbal ou costrada coma o representado no Pazo de Xelmírez. E non han faltar a fariña triga e o esforzo dunha cociñeira para preparar a masa desta especialidade, receita que chega a nós desde as mellores mesas doutro tempo.

Acio. Galeras, 28. T: 981577003; acio@acio.es
El Mercadito. Galeras, 18.T: 981574239; elmercadito@gmail.com
Garum. Praciña das Penas 1. T: 981062631; info@bar-garum.es
Pedro Roca. Domingo García Sabel, 1.  T: 981585776; pedroroca@pedroroca.es
.

BERTÓNS

bertons

Consumindo repolos, e moitos, desde hai séculos, era inevitable que nalgún momento da nosa historia aparecesen receitas coma esta dos bertóns recheos de carne, que dentro da súa sinxeleza achegan á mesa un prato delicioso. Abofé que a idea non podía ser só galega, así que polo mundo adiante atoparemos repolos recheos semellantes a esta receita.

Abastos 2.0. Pza de Abastos-Casetas 13-18. T: 981 576 145 ; abastosdouspuntocero@gmail.com
Acio. Galeras, 28. T: 981577003; acio@acio.es
El Mercadito. Galeras, 18.T: 981574239; elmercadito@gmail.com
.

CAPÓN CON OSTRAS

capon

O capón e o polo foron antano alimento reservado a señores e familias con recursos económicos dabondo para o goce dun manxar exclusivo das grandes ocasións. O mesmo acontecía coas ostras frescas, un prato que moi pouca xente podía saborear, polo que a maioría debía conformarse coas escabechadas. Así pois, o capón con ostras sería o cadrado da exquisitez.

Acio. Galeras, 28. T: 981577003; acio@acio.es
Calderón. Carreira Do Conde, 8. T: 981 554 356 ; siro@calderoncatering.com
El Mercadito. Galeras, 18.T: 981574239; elmercadito@gmail.com
Garum. Praciña das Penas 1. T: 981062631; info@bar-garum.es
Pedro Roca. Domingo García Sabel, 1. T: 981585776; pedroroca@pedroroca.es
Restaurante De Profundis – Hotel Monumento San Francisco. Campiño de San Francisco, 3. T: 981 581 634; hotel@sanfranciscohm.com
.

TORTILLA AO RON

tortilla_ron

Houbo un tempo en que ningún banquete de rango nin comedela de amizades podía rematar sen que saíse á mesa esta tortilla ao ron, que rapidamente se incorporou á carta dos restaurantes e mellores casas de comidas do país daquela época. Era un tempo no que a cociña fina pasaba pola pescada dúas salsas, a tortilla ao ron e outras exquisiteces da época.

Abastos 2.0. Pza de Abastos-Casetas 13-18. T: 981 576 145 ; abastosdouspuntocero@gmail.com
Acio. Galeras, 28. T: 981577003; acio@acio.es
Calderón. Carreira Do Conde, 8. T: 981 554 356 ; siro@calderoncatering.com
El Mercadito. Galeras, 18.T: 981574239; elmercadito@gmail.com
Restaurante De Profundis – Hotel Monumento San Francisco. Campiño de San Francisco, 3. T: 981 581 634; hotel@sanfranciscohm.com
.

ARROZ CON LUMBRIGANTE

bogavante

Os tempos e os usos cambian, pero o fondo permanece. Agora o papel de prato de prestixio na mesa galega corresponde ao arroz con lumbrigante, un prato de recente creación medido segundo os tempos da Historia no que se xuntan a opulencia do marisco e a sinxeleza do cereal, ao tempo que a preparación se fai máis complexa do habitual en Galicia.

Abastos 2.0. Pza de Abastos-Casetas 13-18. T: 981 576 145 ; abastosdouspuntocero@gmail.com
Acio. Galeras, 28. T: 981577003; acio@acio.es
Calderón. Carreira Do Conde, 8. T: 981 554 356 ; siro@calderoncatering.com
El Mercadito. Galeras, 18.T: 981574239; elmercadito@gmail.com
Pedro Roca. Domingo García Sabel, 1. T: 981585776; pedroroca@pedroroca.es

Fotos: Soledad Felloza
Receitas tradicionais: Erundina Vázquez
Receitas modernas: Inés Abril.


.