ESPECTÁCULOS

ATENCIÓN: PRAZAS COMPLETAS EN TODOS OS ESPECTÁCULOS.

A exposición contará cunha serie de espectáculos ao longo do mes de febreiro. Todos os espectáculos sempre son ás 20:15. Pídese puntualidade.

Todos son gratuítos, pero debido ao aforo limitado, só habera 30 prazas para as Noites contadas e 40 para o espectáculo de Marcelo Tejedor, Comer a Vida. Por iso será necesario facer unha reserva enviando un correo electrónico á seguinte dirección:  info@aopedolar.com

Nesa reserva debe constar o espectáculo e a data na que se quere asistir. A organización responderá confirmándoa.

.

NOITES CONTADAS

Accede ao Museo do Pobo Galego pola noite, cando xa non hai visitantes, para sentares arredor do lume e escoitares da man de coñecidos narradores e narradoras historias de lareira, de medo, de risa e de emoción, mentres para esconxurar o inverno tomas unhas auténticas e contundentes sopas de allo do Bar O Catro.

Os encargados destas sesión serán:

- Paula Carballeira: mércores 10 de febreiro
- Quico Cadaval: xoves 11 de febreiro
- Avelino González: xoves 18 de febreiro
- Candido Pazó: xoves 25 de febreiro

.

MARCELO TEJEDOR: COMER A VIDA


O chef Marcelo Tejedor realizará un espectáculo moi especial: Marcelo Tejedor: comer a vida. Acompañado do DJ Javier Rial, o cociñeiro con maior presenza internacional de Galicia proporanos a súa biografía gastronómica: unha viaxe intimista a través de fotografías, música e pratos que ti tamén poderás degustar. Un percorrido polas tres últimas décadas da alimentación en Galicia.

.

.

.