A EXPOSICIÓN

A cociña como espazo doméstico de elaboración de alimentos e como un lugar central da cultura galega centra a exposición. O fío condutor desta viaxe temporal serán os retratos de interiores domésticos de toda Galicia, realizados polas fotógrafas Maribel Ruiz de Erenchun e Soledad Felloza.

Os visitantes poderán apreciar a diversidade xeográfica e temporal das antigas cociñas aínda en uso, que son retratadas cos seus propietarios, porque nelas se conformou a gastronomía galega que hoxe coñecemos. E ao carón destes retratos documentais, os visitantes poderán explorar as achegas culinarias e alimentarias de cada época, ata conformar o que hoxe coñecemos como gastronomía galega. Vídeo, audio, recreacións 3D únense para contar esta historia. Estas son algunhas das imaxes que poderás atopar nesta exposición.

PERCORRIDO DA EXPOSICIÓN
12 de maio ao 21 de agosto de 2010: Pontevedra: Fundación Caixa Galicia (Café Moderno). Praza San Xosé, nº 3.
5 de febreiro ao 21 de marzo de 2010: Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego. San Domingos de Bonaval s/n.

Máis información: info@aopedolar.org
.

.